Os Reis Magos de Oriente xa andan en camiño e o domingo estarán listos para recibir en Santa Comba todo o agarimo das nenas e nenos xalleiros.
💫 Nós tamén queremos recibilos con todas as honras, despregando un ano máis a mellor cabalgata de toda a comarca. Pero parece que o tempo este ano non será todo o bo que nos gustaría. Por esa razón, temos pensadas dúas maneiras de celebrar unha cabalgata que igualmente será memorable:
➡️ Se o tempo e a choiva o permiten, a cabalgata sairá puntual ás 18:30 dende a nave de obras de Santa Cataliña e percorerrá ás rúas do casco urbano para repartir alegría, música e... caramelos! A comitiva participante terá que presentarse ás 17:00 para así poder organizar todo da mellor maneira.
➡️ Se a choiva fora moi intensa, as carrozas coa comitiva real sairían un pouco máis tarde, sobre as 18:50, para fecer un percorrido un pouco máis rápido e recalar no Recinto Feiral, onde se trasladaría o groso da celebración.
✨🌠 Pero faga o tempo que faga, a cita que non vai a variar será a do Recinto Feiral. A partir das 19:30h toda a maxia estará alí. A tradicional representación, a recepción dos Magos de Oriente por parte do alcalde, e a festa de reis con inchables e xogos non van a faltar. E haberá algunhas sorpresas máis. Así que non faltes, agardámosche!